Guía Mapeo
Lista de obxectos a etiquetar
Por orde prioritaria:
- Concello: Casa do concello, centros culturais, asociacións veciñais...
- Lecer: parques, paseos.
- Pasos peóns, semáforos, beirarrúas, escaleiras, carrís bicicleta, aparcamentos, aparcamentos de bicicleta.
- Estacións e paradas de transporte público: tren, bus, taxi.
- Centros saúde: Ambulatorio, Cruz Vermella, clínicas privadas, farmacias, veterinarios…
- Oficinas gobernamentais: xulgados, Seg. Social, delegacións Xunta, etc.
- Centros deportivos: pistas, piscinas, ximnasios, etc.
- Lugares de culto.
- Bares e restaurantes
- Tendas de comestíbeis
- Resto de tendas
Lista de etiquetas
Comúns a tódolos obxectos
Aseos
O local conta con aseos.
O local non conta con aseos.
Acceso a aseos
Acceso público sen restricións.
É típico de tendas, bares e, en xeral, locais de xestión privada. O acceso é para clientes.
Acceso a cadeiras de rodas
A etiqueta wheelchair=* pódese usar en obxectos moi diversos: restaurantes, cafeterías, tendas de todo tipo, parques, paseos, pasos de peóns, escaleiras, edificios públicos, centros de saúde, escolas, estacións de tren/bus/taxis, lugares de culto, centros deportivos, etc.
- As cadeiras de rodas teñen acceso total e sen restricións.
- Entrada/acceso: sen chanzos
- Estancias: todas elas sen chanzos
- As cadeiras de rodas teñen acceso parcial (é dicir, algunhas áreas son accesíbeis pero outras non; áreas que requiren a axuda doutra persoa pra subir a elas).
- Entrada/acceso: pode ter un chanzo, mais non maior de 7 cm
- Estancias: as estancias máis importantes non teñen chanzos
- Non hai acceso sen restricións para cadeiras de rodas (p. ex. acceso só por escaleiras).
- Entrada/acceso: ten chanzo máis alto de 7 cm
- Estancias: as estancias principais non son accesíbeis
A vía ou lugar está deseñado ou construído só para cadeiras de rodas (p. ex. ascensores deseñados pra o acceso unicamente para cadeiras de rodas). Empréganse raramente.
Ramplas
As ramplas, de habelas, teñen que ter unha inclinación axeitada para as cadeiras de rodas.
Escaleiras
Para escaleiras, se hai ou non rampla adaptada para cadeiras de rodas, podemos usar esta etiqueta (wheelchair=yes/no) ou tamén ramp:wheelchair=yes/no
Máis información
Se se precisa engadir máis información sobre acceso de cadeira de rodas, podemos usar a etiqueta wheelchair:description=*
Exemplo: Un hotel conta con 3 habitacións para clientes en cadeira de rodas => wheelchair:description=3 habitacións
Acceso a aseos para cadeiras de rodas
Esta etiqueta so se engadirá se o local ten aseos (ver toilets=yes/no máis arriba)
O lugar ten un ou máis aseos que son accesibles e utilizables para os usuarios de cadeira de rodas.
Os criterios de accesibilidade aceptable son os seguintes:
- Anchura interior da porta mín. 90 cm
- Espazo libre mín. 150 x 150 cm
- Asento do inodoro á altura dunha cadeira de rodas
- Barras de agarre pregables
- Lavabo accesible
O lugar non conta con baño para persoas en cadeira de rodas.
Acceso a beirarrúas para cadeiras de rodas
Para indicar si unha beirarrúa é accesible a cadeira de rodas, previamente temos que indicar se a rúa conta con beirarrúa á esquerda, á dereita ou a ámbolos dous lado da mesma, coa etiqueta sidewalk=*
Hai beirarrúa na parte esquerda da rúa.
Hai beirarrúa na parte dereita da rúa.
Hai beirarrúa a ámbolos dous lados da rúa.
Unha vez indicado isto, podemos indicar se esas beirarrúas son accesibles a cadeiras de rodas:
Usaremos sidewalk:left:wheelchair=yes se a beirarrúa esquerda é accesible a cadeiras de rodas, e sidewalk:left:wheelchair=no se non é accesible.
Usaremos sidewalk:right:wheelchair=yes se a beirarrúa dereita é accesible a cadeiras de rodas, e sidewalk:right:wheelchair=no se non é accesible.
Usaremos sidewalk:both:wheelchair=yes se as beirarrúas a ámbolos dous lados da rúa son accesibles a cadeiras de rodas, e sidewalk:both:wheelchair=no se non son accesibles.
Prazas de aparcamento para persoas con discapacidade
Neste caso, podemos definir se hai prazas exclusivas para persoas con algunha discapacidade, por medio da etiqueta capacity:disabled=*
O lugar dispón de prazas para persoas con discapacidade, pero non sabemos cantas son.
O lugar non dispón de prazas para persoas con discapacidade.
No caso de que saibamos o número de prazas para persoas con discapacidade, poñemos aquí o número.
Exemplo: Un aparcamento ten 4 prazas reservadas para discapacitados => capacity:disabled=4
Acceso para persoas con visibilidade reducida ou cegas
Fixarémonos especialmente nos pasos de peóns (con ou sen semáforo), nas beirarrúas, e noutros lugares, como parques, estacións de transporte público, etc.
Pasos de peóns
Hai pavimento táctil e é correcto.
Non hai pavimento táctil.
Hai pavimento táctil, pero non está completo.
Hai pavimento táctil, mais é incorrecto.
Pasos de peóns con semáforo
Nestes casos podemos engadir estas etiquetas:
Se hai sinais sonoros.
Se hai un dispositivo que vibra para indicar o paso.
Se hai unha flecha para indicar a dirección de paso.
Se conta con pequeno mapa do cruce en Braille.
Beirarrúas
sidewalk:left:tactile_paving=yes/no/partial/incorrect
sidewalk:right:tactile_paving=yes/no/partial/incorrect
sidewalk:both:tactile_paving=yes/no/partial/incorrect
Fotos
Durante a recollida de datos, faremos fotos de todos aqueles obxectos que sexan importantes e, por enriba de todo, de todos aqueles obxectos dos que teñamos dúbidas, para así poder facer unha segunda verificación á volta.
Cómpre ter coidado de non sacar fotos de lugares sensibles, nin de persoas das que non temos permiso, etc.
Obxectos novos aínda non cartografados
Se durante a recollida atopamos obxectos que aínda non foron cartografados, ou que son incorrectos ou desapareceron, farémolo constar nos nosos FieldPapers.
|